The Dub Yard Festival
Festival
Entradas
Line-Up
Info básica
Records


 

The Dub Yard Festival

The Dub Yard Records presenta a segunda edición do seu evento anual que reúne principalmente a artistas que participan no selo musical e compañeiros do movemento reggae galego.

Nesta edición temos como convidados especiais ó artista francés Manu Bypass aka Anti Bypass, realizando un espectáculo "Live Dub", e os compañeiros vigueses Transilvanians. Estes últimos achéganse nesta edición despois de grabar no estudo The Dub Yard o seu último LP xunto co artista internacional Roy Ellis.

Como cada ano, o colectivo Elephants Yard fae a súa aparición en escena, e nesta ocasión presentando catro mini-concertos denominados "Showcase" con ritmos orixinais do seu selo The Dub Yard Records, interpretados por diveresas formacións de músicos que participan no selo e liderados ó micro por Paula Herrero aka High Paw, Sutta aka Victor Laligator del Sutta, Chou aka Andrés Seoane e Mr. Mou aka Ricardo Mouriño.

A noite comeza cunha selección de vinilos a cargo da La Madriguera Roots & Dub que nos deleitará co meior Roots para ir quecendo o ambiente.

En resumo, Dub Yard Festival pretende motivar a escena reggae e a música en directo a través desta presentación, nun espazo acondicionado para o desfrute sónico da música como é a maravillosa Sala Rebullón, e contando cun espazo de acampamento, todo emprazado nun entorno idílico no alto da ría de Vigo, Mos.


 

Entradas

Anticipada super reducida: 9€ ( 100 primeras entradas en 7 Abril )
Anticipada: 12€
Taquilla: 16€


Entradas físicas
Anticipada no Centro Cultural As Pedriñas (Mos), Honky Tonk e Elepé (Vigo), Tabertenda (Salceda de Caselas)

Entradas online en

Eventbrite - The Dub Yard Festival
Gastos de xestión non incluídos

 

Line Up

21:30 - 23:00 La Madriguera Roots & Dub ( Vinyl Selection )
23:00 - 00:15 Transilvanians
00:30 - 02:15 Elephants Yard ( Four Showcase with original riddims)
02:30 - 04:00 Manu Bypass aka Anti Bypass ( Live Dub )

 

Info básica

Sábado 21 Abril do 2017 de 21:00 a 07:00 horas
Centro Cultural As Pedriñas
Avd. do Rebullón, 23. Mos ( a dez minutos do centro de Vigo )




Achégate en autobus urbano

L15B e L15C

Sábado: saídas cada hora dende dende Samil pasando polo centro de Vigo dirección Xestoso ( Parada en Estrada das Prantas con Av. do Rebullón )

# Descargar horarios L15B
# Descargar horarios L15C

L12B

Domingo: saídas cada hora dende as 10:05 dende o Hospital Meixoeiro dirección Vigo ( Parada na Av. da Ponte a 15 minutos do CC As Pedriñas )

# Descargar horarios L12B


Taxi

Prezo medio da viaxe entre 12-15€

Sala Rebullón

A nova sala Rebullón está instalada no Centro Social de As Pedriñas en Mos. Conta con tratamento acústico e o suficiente espazo para desfrutar dos espectáculos durante as dez horas de duración do evento.

# facebook.com/salarebullon/

Zona de acampada

Pónse a disposición dos asistentes unha zona cuberta e outra zona verde para acampar. Este espazo encóntrase no interior da finca do Centro Cultural As Pedriñas e é de uso único para os asistentes ao evento.